Ariadna Fontenla Bóveda e María Romero Prado son as Raíñas do Albariño

    raiasalbario_100_300707__still_002.jpgCAMBADOS > O acto de elección da albariña maior e infantil desta edición número 55 volveu encher coma cada ano a praza de Fefiñáns

    … de cambadeses e turistas. Sete meniñas se presentaban a albariña infantil e cinco a raíña maior. Un total de 12 cambadesas que fixeron moi difícil a decisión do xurado. Tras un tempo de deliberación as elixidas foron Ariadna Fontenla Bóveda de 6 anos e a cambadesa María Romero Prado de 18 anos que foron coroadas polas raíñas do ano pasado e por Cores Tourís, alcalde de Cambados. Un ano máis a decisión foi emitida polo presidente do xurado, Ramón Paz Cousido.

    O acto estivo amenizado un ano máis polo grupo de gaitas Con de Xido que fixo bailar a moitos dos asistentes. Pola súa parte o grupo de tango arxentino Marco González puxo o broche final á noite que deu comezo ás festas do albariño na súa edición número 55.

    Redacción Salnés