A Xunta apoiará o proxecto industrial de Alfageme cun comprador solvente

    concentracion_alfageme_copia100ok.jpgO SALNÉS> Así o manifestou, esta mañá, o director xeral do Igape. Revelou que hai 4 grupos solventes interesados en Alfageme: unha conserveira galega, dous grupos conserveiros españois, e un grupo de investidores galegos.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    Con moita rabia e impotencia. Así se concentraron as traballadoras de Conservas Peña tras coñecer onte a decisión dos propietarios da empresa de acceder ó concurso de acreedores. Baixo cánticos como Lago ladrón vaite a prisión ou Xunta escoita Alfageme está en loita, os empregados manifestaron o seu malestar. Con desesperación preguntábanse onde está o goberno central, que afirman, prometeulles axuda e os deixaron sos.

    Dende Comisións Obreiras reclamouse unha reunión coa Consellería de Industria para coñecer se solicitude de concurso vai acompañada dun convenio entre a familia Lago e as entidades acreedoras.

    Fernando Ramos sinalou que queren saber se segue o compromiso da Xunta de ofrecer novas axudas para que entre en marcha o plan de viabilidade e estratéxico, que retomaría a actividade produtiva.

    Para os traballadores, aínda queda unha opción de compra moi seria, que estaría interesada pola planta de O Grove.

    En 10 ou 15 días, tomará posesión dos administradores xudiciais. Os sindicatos solicitarán axuda á Xunta para que se manteñan o maior número de postos de traballo.

    Redacción Salnés