O Grove leva xa máis de 106.000 racións de marisco vendidas

    conselleiros_marisco copia.jpgO GROVE> A Festa do Marisco do Grove leva xa máis de 106 mil racións vendidas, o que xerou unha facturación de 464 mil euros.

    {flowplayer}images/salnes/resumo_marisco_segunda_finde.flv{/flowplayer}

    O GROVE> A Festa do Marisco do Grove leva xa máis de 106 mil racións vendidas, o que xerou unha facturación de 464 mil euros.

    Nesta segunda fin de semana, o bo tempo volveu a animar ós turistas a achegarse ás carpas de degustación, instaladas no Corgo. Entre os visitantes dos últimos días estiveron os conselleiros de Mar e Cultura. A conselleira do Mar Rosa Quintana visitou a festa o sábado acompañada de representantes do Concello, do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, e do director xeral de Competividade e Innovación Tecnolóxica do Mar, Juan Maneiro. A comitiva visitou a mostra de traxe tradicional que hai na carpa institucional e tamén percorreu as carpas de degustación.

    O mesmo fixo onte o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que foi recibido polo alcalde Miguel Ángel Pérez e por varios edís do grupo de goberno. Para o rexedor esta edición ‘está moi viva a pesar do momento económico difícil no que nos atopamos’ e destaca que está a haber unha afluencia moi importante de visitantes vidos de tódolos puntos de España.

    CONCURSO GASTRONÓMICO 

    Esta fin de semana tamén se celebrou o concurso de pratos condimentados con mexillón Amegrove, ó que se presentaron 76 propostas. O primeiro premio ó gusto foi para as ‘filloas recheas de mexillóns’ elaboradas por Alba Casal, que recibiu 250 euros. O segundo foi para as ‘cañas fritidas recheas de mousse de mexillóns con aderezo de améndoas e avelás’ de Marcelino Franco, que levou 150 euros. O terceiro, de 100 euros, foi para Antía Lores polos seus ‘muffins de mexillóns con mousse de mexillón’, E o cuarto para ‘pa untar’ de Eva Conde, que recibiu 75 euros, mentres que o quinto, de 50 euros foi para os ‘ovos recheos de mexillón’ de Conchita Castro.

    E na categoría de mellor presentación en primeiro lugar quedou a ‘francesa de mexillóns’ preparada por Mónica Cernadas, premiada con 150 euros. O segundo premio tamén foi para esta cociñeira polo prato ‘natillas de mexillóns’, polo que percibiu 75 euros. Mentres que en terceiro lugar quedou Antía Lores cos seus muffins de mexillón, polo que se levou 50 euros de premio.

    Ademais, entregáronse trofeos ós doce pratos con mellor sabor e ás sete propostas coa presentación máis destacable.

    Redacción Salnés