Ravella, satisfeito con San Roque 2016

    VILAGARCÍA> Vilagarcía saca peito tralas festas de San Roque. Pasado o groso da celebración, o concello fai un balance máis que positivo, con eventos multitudinarios e propostas para todos os públicos. Un programa que, aseguran, tivo unha inmellorable acollida, e que lles serviu para celebrar o décimo aniversario da súa consideración como de interese turístico nacional e os 150 anos do Combate Naval.

     

    San Roque 2016 deixa un inmellorable sabor de boca nos seus organizadores. O concello de Vilagarcía saca peito tralo groso das celebracións, que consideran un éxito.

    Aínda que o programa festivo arrincou o 22 de xullo e prolongarase ata setembro, os días grandes foron entre o 11 e o 21 de agost. Dez días cargaos de actividades para todos os públicos, con citas multitudinarias.

    O Festiclown, a Ameixa de Carril ou a Sardiñada das Revenidas, non quedaron atrás. Citas todas elas importantes, e para as que foi preciso mobilizar numeroso persoal do concello.

    Aínda que recoñecen que se pode mellorar, aseguran que en xeral os veciños quedaron satisfeitos coa programación. Tamén os hostaleiros, que conseguiron un importante retorno económico.

    As propostas festivas continuarán ata o mes de setembro, con citas como o Día do Voluntariado, o Encontro Folclóricos das Malveiras, a Noite Meiga, a Feira das Tapas ou a Ameixa Rock, en Carril.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/23/balance_festas_san_roque_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/23/balance_festas_san_roque.mp4{/flowplayer}