Piden 15 anos por homicidio para o suposto autor do ‘crime da Playstation’

    crime_playstation100.jpgCAMBADOS> Ramón González Agrasar, O Caián, sentarase no banco dos acusados en abril. Falamos do suposto autor do ‘crime da Playstation’.

    {flowplayer}images/salnes/crime_playstation_xuizo.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Juan Ramón González Agrasar, O Caián, sentarase no banco dos acusados a mediados do mes que vén. Falamos do suposto autor do crime cometido en 2007 na parroquia cambadesa de Oubiña, coñecido entón como o ‘crime da Playstation’.

    Desde o martes 20 de abril ata o xoves 22, a sala cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acolle o xuízo, con xurado popular, no que se tratará de esclarecer as causas deste suceso. A Fiscalía e a acusación particular piden que O Caián sexa condenado por homicidio do seu antigo amigo Marcos Muñíz Calviño e que se lle condene a unha pena de 15 anos de prisión. Ademais, o fiscal solicita que o procesado indemnice con 180 mil euros ó fillo póstumo da vítima, que naceu dous meses despois do crime, e con 36 mil euros ós pais do falecido.

    Os feitos aconteceron o 13 de xuño de 2007 pola tarde. Segundo o relato da fiscalía, Ramón González Agrasar foi á vivenda de Marcos Muñíz, tiveron unha discusión e empezaron a agredirse. Ó parecer O Caián conseguiu tirar ó chan a Marcos, colocouse encima del e cravoulle no peito un coitelo de cociña de grandes dimensións, que levaba con el. Malferido, Marcos conseguiu entrar na súa casa e desvaneceuse no corredor morrendo ós poucos minutos de chegar a ambulancia. O Caián fuxiu pero foi detido esa mesma tarde pola Garda Civil de Cambados. Nos tres días que durará o xuízo pasarán a declarar máis dunha ducia de testemuñas.

    Non está de todo claro o motivo da discusión, nun principio falouse de que o presunto homicida fora á casa de Marcos a reclamarlle unha vídeo consola que lle prestara, pero tamén se baralla unha débeda de diñeiro, ou un crime pasional. Segundo relata o fiscal, O Caián quería saír coa irmá de Marcos, de só 15 anos, unha relación que a familia non vía ben.

    Redacción Salnés