O remate das obras na Confraría de Cambados sufrirán un retraso

    CAMBADOS > O remate das obras que se están a acometer na confraría de San Antonio de Cambados retrasaranse uns dous meses.

    obrasconfrariacambados_300_130807.jpgAsí o aseguraron esta semana os responsables da obra durante a visita que realizaron o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o alcalde do municipio cambadés, Cores Tourís e mailo Patrón Maior da Confraría, Benito González.

    Unha vez rematadas as obras de demolición verificouse o mal estado do edificio e a necesidade de ampliar prazos para mellorar o forxado. A base do edificio anterior fora feita en dúas fases: a primeira de fai uns 90 anos e a segunda fai corenta.

    Esta última é a máis prexudicada e é a que retrasará as obras e suporá ademais un incremento no orzamento inicial que ascendía a 600 mil euros. Co reforzo que se vai facer poderán desaparecer algunhas columnas na planta baixa, o que permitirá obter un espazo máis diáfano, seguro e dotado de todas as comodidades para os seus usuarios.

    Redacción Salnés