SANXENXO> A nova nave de servizos do Concello de Sanxenxo estará lista no mes de xuño. A instalación estase a construír nunha parcela do polígono de Nantes, cun orzamento que rolda os 2,6 millóns de euros. Os traballos avanzan a bo ritmo, coa previsión de que os prazos se cumpran. A nova nave destinarase a almacenaxe de maquinaria ou equipamentos de praia.
A nova nave de servizos de Sanxenxo será unha realidade no mes de xuño. Estase a construír nesta parcela de 10.000 metros cadrados situada no polígono de Nantes. O proxecto ten un orzamento que rolda os 2,6 millóns de euros, financiado a través da empresa municipal de vivenda e solo Ínsula Sanxenxo. Os traballos avanzan a bo ritmo e a empresa adxudicataria confía en cumprir cos prazos de execución.
Porque con esa finalidade nace este novo espazo. O Concello ten previsto gardar aquí maquinaria, equipamentos de praia ou alumeado. Recursos que agora se almacenan noutras naves que supoñen tamén un gasto para as arcas municipais.
Esta é a primeira fase dun proxecto. A segunda suporá o traslado para aquí das dependencias da Policía Local e de Emerxencias de Sanxenxo.
Ao mesmo tempo, o alcalde aproveita para salientar que a ocupación do polígono avanza a bo ritmo.











