O director da Mariña Mercante visita a Autoridade Portuaria

    VISITAMARINAMERCANTE.JPG VILAGARCÍA> Rafael Rodríguez deu conta á presidenta da Autoridade, Sagrario Franco, das liñas que están a orientar o traballo no ente que dirixe.

    Tras preto de dous meses como director xeral da Mariña Mercante, cargo ó que accedeu en xaneiro, Rafael Rodríguez Valero mantivo unha primeira toma de contacto coa presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco. O encontro serviu para que Rodríguez lle expuxera a franco as liñas fundamentais da súa labor á fronte da Mariña Mercante, organismo que depende do Ministerio de Fomento ó igual que os portos de Interese Xeral do Estado.

    A dirección xeral da Mariña Mercante ten competencias en ámbitos como a seguridade marítima e contaminación, normativa marítima e cooperación internacional, capitanías marítimas, náutica de recreo ou inspeccións marítimas, polo que a coordinación e colaboración entre esta entidade e os Portos de Interese Xeral é clave para que as dúas parte poidan desenvolver as súas competencias coa maior eficiencia.

    Redacción Salnés