O Céltiga busca recuperarse a costa do líder

futbol250_260310.jpgSALNÉS> Na Terceira, o Céltiga prosigue coa súa loita pola permanencia e terá que recibir ó líder, o Depor B. Mentres o Vilalonga xogará fronte o Coruxo en San Pedro. Na Preferente Sur continúa a pelexa polas dúas primeiras prazas. Este domingo derbi na Lomba entre Arousa e Sanxenxo.

No peor momento posible chega a visita do Depor B ó Salvador Otero. O Céltiga ten que gañar sí ou sí, despois de ter sumado tan só un triunfo nos últimos quince encontros e verse sumido no pelotón de cola. Pouco a pouco van saíndo equipos do pozo, os da Illa quédanse nel, e as opcións de permanencia diminúen.

Pese á entidade do rival, no Céltiga non dan o encontro por perdido nin moito menos. Aínda que non poden contar con Cardeñosa tentarán sumar os tres puntos ante un equipo que se lles dá históricamente moi ben e co que só perderon unha vez na casa.

Rival tamén complicado o que vai ter enfronte o Vilalonga. O terceiro na táboa visita San Pedro, o Coruxo adestrado por un vello coñecido da afección celeste como Josiño Abalde. Os vigueses veñen de gañarlle ó Narón con facilidade, levan oito xornadas sen perder e quererán seguir avanzando cara o seu obxectivo que é a fase de ascenso. Os de Gabi Leis pola contra están a atravesar a peor xeira da temporada, cun punto sumado dos últimos doce posibles. Quédanlle seis partidos por xogar e deben gañar un ou dous para non pasar apuros de última hora. As baixas, iso sí, son numerosas: Sarró, Pazos e Machu están lesionados, mentres que Jacinto cumprirá sanción. Unha ausencia por liña.

Na Preferente, a loita polo ascenso non cesa. Mañá mesmo o Portonovo visita ó quinto na xeral, o Pontellas. Os de Rial deben mellorar os seus resultados fóra da casa se é que queren estar arriba. Enfronte terán a un dos mellores conxuntos como local.

Derbi máis que interesante o que se vai disputar na Lomba entre séptimo e sexto da xeral. O que perda descolgarase case definitivamente da cabeza; un empate de pouco lle serviría a ningún dos dous. O Sanxenxo acudirá á cita sen Cuchi, lesionado, pero recuperan a Adrián e poderán contar con Edu, que esta semana se incorporou ó equipo procedente do Vilalonga. No cadro local, Pablo sancionado se perderá o choque, mentres que Álex, Vixo e Juanito son dúbida.

Máis abaixo na xeral Cambados e Ribadumia buscan seguir dando pasos cara a permanencia. Os de Carregal visitan ó Arenteiro, mentres que os aurinegros, reciben ó Caselas na Senra, coas importantes baixas por sanción de Joao Rocha e Arias, e sen Carducho no banquiño.

Redacción Salnés