PONTEVEDRA> A primeira gran cita deste Multisport será mañá. Máis de 1.200 deportistas participarán no campionato do mundo de dúatlon. A primeira proba será ás 8.00 cos grupos de idade e a continuación levarase a cabo a proba élite. Os españois Emilio Martín e Irene Loizate son os grandes favoritos.
Eles son os favoritos a ocupar as primeiras prazas do mundial de dúatlon que se celebrará mañá en Pontevedra. Irene Loizate, vixente campioa de España e bronce Europeo, e Emilio Martín, bicampión do mundo de dúatlon, mostráronse esta mañá moi ilusionados con esta proba.
Emilio Martín querer volver a repetir o podio que acadou no ano 2014 en Pontevedra e asegura que chega en moi boa forma para conseguilo.
Irene Loizate é consciente de que ten grandes rivais a bater pero está convencida de que será unha gran proba.
A competición de dúatlon estará moi reñida, sobre todo, polos tres equipos máis competitivos: os franceses, os españois e os belgas. Pero sen dúbida, eles intentarán deixar a España no máis alto do dúatlon internacional.
Comments are closed.