Ángel Oliveira, novo adestrador do Xuventú de Cambados

oliveira250_150610.jpgCAMBADOS> A directiva do club amarelo fíxoo público esta tarde a través dun comunicado. Trátase dun vello coñecido da afección cambadesa.

O Club Xuventú de Cambados fixo público esta tarde o nome do novo adestrador do seu primeiro equipo para o ano que ven. O designado para dirixir ó combinado amarelo na Preferente Sur é Ángel Oliveira, un home coñecido en Burgáns xa que foi técnico do conxunto xuvenil e asistente de Roberto Martínez ‘Cubeiro’ no equipo sénior a finais dos ’90.

Tralo seu paso polo Dena, o Unión do Grove e pola secretaría técnica do Málaga, en Primeira División, Ángel Oliveira volve ó Cambados onde contará con Antonio Mosteiro ‘Tom’ como axudante.

Dende o Cambados tamén se fixo saber que nos vindeiros días farán efectiva a derradeira nómina que adebedan ós xogadores cos que logo comezarán as conversas para tratar as posibles renovacións.

Redacción Salnés