A Deputación renova o convenio de patrocinio cos medallistas

olimpicos250_040110.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinou hoxe a renovación dos acordos de patrocinio dos deportistas David Cal, Carlos Pérez “Perucho”, Fernando Echávarri e Antón Paz, todos eles presentes en Pekín 08, e portadores de cadansúas medallas de ouro e prata. O acto tivo lugar no Pazo provincial, onde reuníronse centos de nenos das modalidades deportivas nas que adestran os homenaxeados.

{flowplayer}images/salnes/louzandeportistas_040110.flv{/flowplayer} 

O Pazo provincial de Pontevedrta acolleu esta mañá a sinatura do convenio de patrocinio entre a Deputación e os medallistas olímpicos en Pekín. Rafael Louzán amosouse encantado de ter adquirido de novo este compromiso de apoio ós deportistas, xa que considera de vital importancia que estes poidan seguir traballando para que o nome de Pontevedra se escoite no mundo enteiro.

Ó acto acudiron centos de rapaces e persoeiros da política e o deporte. Os medallistas falaron tamén dos seus novos proxectos. O tándem de ouro do tornado desfaise pola supresión da clase nos Xogos. Echávarri prepárase agora en Clase Star xunto a Fernando Rodríguez mentres que Antón Paz asume o reto do 49er co seu irmán Carlos.

Para os padexeiros o maior reto será adaptarse o antes posible á distancia de 200 metros que sustituirá á de 500 e obter bos resultados no mundial de Polonia deste ano.

A achega da institución provincial ascende a preto de 150.000 euros. 30.000 euros por ouro obtido, e 20.000 para cada medalla de prata. Deste xeito, Antón Paz, Fernando Echávarri r e Perucho recibirán unha aportación de 30.000 euros, cada un deles e David Cal percibirá unha contía de 40.000 euros polas dúas medallas de prata.

Non só asinaron este convenio senón tamén centos de autógrafos a petición dos rapaces.

Redacción Salnés