Os actos centrais do Gran Capítulo da Confraría dos Viños de Rías Baixas, de novo en VIlagarcía

VILAGARCÍA>  O Gran Capítulo da Confraría dos Viños de Rías Baixas fai parada, de novo, en Vilagarcía. O acto central terá lugar o vindeiro sábado, cunha recepción en Ravella e un desfile das diferentes confrarías polo centro da cidade. Nesta edición farase un irmanamento coa confraría da Cigala de Marín.

Vilagarcía vai acoller este sábado a XV edición do Gran Capítulo da Confraría dos Viños de Rías Baixas. Este ano vanse nomear 12 novos cofrades, todos eles relacionados co sector vitivinícola. Máis alá do acto solemne, a xornada inclúe unha recpeción en Ravella e un desfile polas rúas da cidade.

Na edición deste ano vaise  refrenda-lo irmanamento cos viños Tintos Rías Baixas. Tamén se van irmanar coa Confraría da Cigala de Marín.

Máis alá da parte enogastronómica, a xornada serve tamén para o fomento do turismo na cidade, en plenas Festas do San Roque.

Como antesala da xornada, o venres terá lugar unha recepción ós participantes en Salveterra de Miño. O acto terá lugar no conxunto museolóxico da Ciencia do Viño do Condado do Tea, que vén de abri-las súas portas naquela localidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí