O Interrías volve perder. O Junquera gaña e mantense cuarto

interrias_copia_100.jpgO SALNÉS> O Viajes Interrías volveu levar un novo correctivo, esta vez, do Loebelle B que foi capaz de gañar por 11 goles de diferencia. O Grupo Junquera, pola súa parte, venceu en Ourense por un axustado marcador de 2-5.

{flowplayer}images/salnes/FUTBOL_SALA.flv{/flowplayer}

 Na primeira metade, o partido estivo moi igualado dende o principio. O Viajes Interrías Sanxenxo estaba ben colocado en defensa e mantiña alonxado da súa portería ó equipo santiagués, que tomou a iniciativa. A metade do primeiro tempo, un erro da defensa dos de Portonovo, permitiu ós de Santiago marcar o primeiro gol; un tanto que non afectaría ó ritmo do partido. Antes de chegar ó descanso, o Lobelle conseguiría un novo gol que lle facía distanciarse. Pero Alán, uns segundos máis tarde, non perdoou, en recortaría distancias deixando un un a dous moi axustado para a segunda metade.

Na reanudación, cambiaron moito as cousas. Ós dous minutos, os visitantes marcaron un novo tanto e minutos máis tarde volverían perforar a portería do Interrías. Un gol de Manolete parecía meter de novo os locais no partido. Pero nada máis lonxe da realidade. Tres goles seguidos do Loebelle, afundía ós de Portonovo nun ritmo a merced dos santiagueses. No marcador un 2-13 preocupante. Salgueiro trata de pasar páxina e motivar ós xogadores ante o partido do próximo xoves ante o Torre de los Reyes.

Pola súa parte, O Grupo Junquera Vilagarcía gañou en Viana do Bolo ante o Concello de Viana por un marcador de 2-5. Un encontro onde o nivel de xogo non foi o que se esperaba, sobre todo por parte dos vilagarciáns, que só apertaron en momentos puntuais do partido. No minuto oito, unha excelente xogada de todo o equipo, deriva nun gol de Gelabert. Nese mesmo minuto, Sesar, recupera o balón e cede a Chini para que logre o 0-2. Pouco despois os locais aproveitan dos erros dos vilagarciáns para empatar o partido.

Na segunda metade, Chini volve marcar a porta bacía. Tala expulsión dun xogador local, Gilabert marca o cuarto gol do Junquera. No minuto trinta e catro Gilabert marca o definitivo 2-4, co seu segundo hat trick da tempada. O Grupo Junquera se afianza na cuarta praza da táboa.

Redacción Salnés