Un traballador inicia unha folga de fame tras seis meses sen cobrar

    folga_100.jpgPOIO> Manuel Pérez, un traballador da empresa téxtil Paco Lois, iniciou hoxe unha folga de fame e un encerro nas instalacións que esta empresa ten…

    {flowplayer}images/salnes/29032010_folga_fame.flv{/flowplayer}

    … no Concello de Poio. Manuel veuse obrigado a tomar estas medidas radicais logo de medio ano sen percibir o seu salario.

    Este empregado leva 22 anos traballando nesta empresa, desde que tiña 16 anos. Ata o de agora as cousas transcorreran por normalidade, que á volta dos anos atópase con este importante impago que lle impide sacar adiante a súa familia de dous fillos.

    Estas medidas de presión incomodaron ó empresario quen, lonxe de aclarar a súa postura, limitouse a marcar o seu territorio ante ós medios de comunicación destacados na zona.

    Redacción Salnés