O Clube de Remo Espaílla realiza un peculiar Camiño Xacobeo

    aventura_xacobea_copy100.jpgVILANOVA> Saíron de Málaga en carro, ata Arcade e de alí farán o Camiño polas Rías. Esta mañá estaban no Porto de Vilanova de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/aventura_xacobea.flv{/flowplayer}

    Empresarios da banca, informáticos ou farmacéuticos cunha media de idade de cincuenta anos, reconvertidos en expertos mariñeiros, forman a tripulación da Araceli, unha embarcación tradicional malagueña das que tan só quedan unhas quince na provincia. Chámase barca de jábega pola rede que se usaba para pescar con ela. O club de Remo a Espaílla pretende reivindicar o uso desta embarcación tradicional e dala a coñecer mais a fondo. Por iso, logo de percorrer o Camiño de Santiago en Carro ata Arcade, estano a levar a cabo polas rías.

     O grupo conta co apoio da recen creada “Candidatura Málaga 2016” e esta tarde serán recibidos polo club de Remo de Vilaxoán.

    La Araceli quere chegar ata a mesma praza do Obradoiro, por suposto en remolque…

    Algunhas das esposas destes jabegotes acompáñanos no Camiño, aínda que non remando, polas especiais características da embarcación, si prestando todo o seu apoio moral á aventura. Moita sorte e boa travesía Araceli…

    Redacción Salnés