A POBRA> A Conselleira de Política Social visitou a unidade de atención temperá da Pobra para coñecer de primeira man os protocolos e as necesidades derivadas da pandemia. Este servizo atende a nenos de entre cero a seis anos de todo o Barbanza.
Máis dun cento de nenos de toda a comarca do Barbanza reciben atención temperá no Centro de Atención Integral á Discapacidade da Pobra. A Conselleira de Política Social achegouse ata esta unidade para comprobar a adaptación do centro á situación derivada da crise sanitaria e coñecer de primeira man as necesidades xurdidas nesta nova normalidade, tal e como lle trasladou o alcalde.
En total, existen trinta e unha unidades de atención temperá en toda Galicia. Na da Pobra, a Xunta inviste este ano cento trinta mil euros. O pasado 26 de maio publicábase a convocatoria de axudas para estes servizos que ascenden a dous millóns de euros.