O programa de dinamización lingüística ‘O Galego Campa!’ chegará a trece campamentos xuvenís

BOIRO> O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, foron os encargados de presentar esta iniciativa no campamento xuvenil de Espiñeira.

O campamento xuvenil de Espiñeira foi o lugar escollido para a presentación do programa de dinamización lingüística O galego campa! Tras o parón do ano pasado a consecuencia da pandemia, o programa volve con novas propostas coas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado buscan incidir na expresión persoal e na educación emocional da mocidade.

As actividades dentro do programa O galego campa! prolongaranse ata o vindeiro 14 de agosto e desenvolveranse en 13 instalacións xuvenís dependentes da Xunta en toda Galicia, entre os que se inclúen, ademais do de Espiñeira en Boiro, Loreto en Porto do Son e As Sinas en Vilanova de Arousa

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí