Samuel Lago comeza a súa etapa en Cambados coa prioridade do proxecto da nova praza de Abastos

CAMBADOS> Máis atención presencial aos veciños e retomar o proxecto da nova praza de abastos. Eses son os primeiros retos de Samuel Lago como novo alcalde de Cambados. O socialista fíxose co bastón de mando grazas ao apoio de Somos Cambados e BNG.

Samuel Lago xa é oficialmente o novo alcalde de Cambados. O socialista faise co bastón de mando trala renuncia da súa compañeira de formación Fátima Abal e co apoio de Somos Cambados e do BNG. Samuel Lago comeza a súa etapa prometendo máis atención á veciñanza.

E dentro dos proxectos, o que máis destaca o novo alcalde é da nova praza de Abastos de Cambados.

Tamén dentro das súas concellerías, Samuel Lago traballo no plan concellos da Deputación de Pontevedra para garantir os servizos básicos en todas as rúas de Cambados.

Outros proxectos aos que dará prioridade Samuel Lago son os da fachada litoral de Fefiñáns e á da construción do novo cuartel da Garda Civil. Ademais, o novo alcalde, tamén tendeu a man ao BNG para mellorar a relación entre ambas formacións e ampliar a súa participación na gobernabilidade de Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí