Comeza a campaña da vieira cumprindo as expectativas iniciais

    SALNÉS > O último luns de febreiro daba comezo a campaña da vieira, que no caso de que o tempo continúe frío, se podería prolongar ata mediados de abril. Ata o Porto de Tragove, en Cambados, chegaron 4000 quilos de producto capturados polos 150 tripulantes das 50 embarcacións que saíron a faenar no primeiro día. A pesar de que a campaña comeza tarde, a calidade da vieira está garantida.

    A satisfacción en canto á calidade de producto era notoria no porto cambadés. A media mañá do 27 de febreiro, primeira día de campaña, xa chegaran as 50 embarcacións despois de once meses de espera e agardan a que nos vindeiros días continúen alcanzando o tope permitido.
    O plan de explotación establece que cada mariñeiro pode capturar un máximo de 25 quilos de vieira, o que supón 75 por embarcación, co que hoxe capturáronse 4000 dos 5000 quilos diarios estimados pola Cofradía. As dúas empresas autorizadas para a evisceración e comercialización pagan o quilo deste marisco a 4’50 euros, mantendo así os prezos de campañas anteriores, tralas condicións aceptadas por armadores e mariñeiros.

    Redacción Salnés