Falece unha alumna de mergullo tras quedar atrapada nun trasmallo

    islote_copia_100.jpgA ILLA> Os feitos produxéronse a mediodía do domingo nas proximidades dos illotes Xidoiros, en A Illa. Beatriz García, veciña de Vilagarcía, tiña 37 anos e levaba 2 meses de curso.

    {flowplayer}images/salnes/MORTA_NA_ILLA.flv{/flowplayer}

    O grupo chegou ó lugar en dous embarcacións, ata os illotes onde Beatriz, de 37 anos, realizaría a súa última clase tras dous meses de aprendizaxe. Segundo explican os responsables do grupo, mergulláronse dous monitores e tres alumnas, todos equipados con traxes de neopreno e bombona de osíxeno. Pouco despois, os compañeiros votaron en falta a Beatriz e rapidamente acudiron á súa búsqueda. Sinalan que a atoparon, case no fondo mariño, enredada nun trasmallo que, afirman, estaba sen sinalizar.

    Dende a confraría de A Illa, explican que os aparellos están sinalizados de punta a punta e que pode tratarse dun trasmallo antigo, ilegal ou que perdera a identificación durante os temporais.

    Tras rescatar á mergulladora, os seus compañeiros a trasladaron ó Porto do Xufre onde esperaba o helicoptero Pesca 1. Minutos máis tarde, Beatriz falecía de camiño ó hospital de Vigo.

     Un dos responsables do centro admite que a muller non dispoñía de ningunha ferramenta que lle permitira soltarse. Unha das hipóteses que se baralla, é que a falecida se puxera nerviosa e se sacara o tubo de respiración. Aínda que engaden que en principio, non debería haber problema coa bombona de osíxeno ca que se atopaba en 150 bares.

    Redacción Salnés