![]()
O GROVE> Esta mañá, presentouse o libro do Foro de Recursos Mariños da Acuicultura das Rías Galegas. Tamén se deu a coñecer o décimo terceiro Foro, que se vai levar a cabo en outubro.
{flowplayer}images/salnes/RECURSOS_MARINOS.flv{/flowplayer}
Esta publicación, patrocinada pola Consellería do Mar, reúne rigorosa información científica sobre los avances nos recursos mariños e acuicultura de España e do resto do mundo. A través de 20 relatorios e 78 traballos de investigación, expertos nacionais e internacionais expoñen os datos recompilados sobre criadeiros, viveiros e cultivo. O documento, contén informes actualizados sobre o futuro dos criadeiros de bivalvos, a historia dos criadeiros galegos e a situación española, italiana e francesa no cultivo de moluscos, entre outros temas. Nesta ocasión, o libro, de case 900 páxinas, distribuirase en formato dixital para todos os interesados no mundo da pesca, o marisqueo e a acuicultura.
Os días 7 e 8 de outubro, levarase a cabo o décimo terceiro Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, na illa de A Toxa. Nel, trataranse temas como a trazabilidade dos recursos do marisqueo, certificacións ecolóxicas, para a acuicultura e a pesa e as innovacións sostibles en piscifactorías.
En Novembro ponse en marcha, en México, o Terceiro Foro Iberoamericano dos Recursos Mariños e a Acuicultura, que terá representación galega para coñecer as novidades mundiais.
Cada ano, participan no Foro de O Grove máis de 250 persoas e arredor de 20 destacados expositores. Os asistentes proveñen de toda España, de outros países da Unión Europea e Latinoamérica.
Redacción Salnés








