O alumnado do CEIP Noalla – Telleiro gozou dun almorzo saudable no obradoiro de hostalería do Salnés

SANXENXO> Mudar os hábitos e comer saudable. Con este obxectivo o alumnado do CEIP de Noalla – Telleiro almorzou no real Club Náutico de Sanxenxo. O menú foi elaborado e servido polos participantes do obradoiro de hostalería do Salnés. Unha degustación completa para que os nenos e nenas melloren a súa alimentación.

Cada día son máis as persoas que coidan a súa alimentación. Unha dieta saudable permite mellorar a saúde. Con este obxectivo os CEIP Noalla – Telleiro organizou unha excursión co alumnado de 3 e 4 de primaria ao obradoiro de hostalería do Salnés.

O almorzo foi elaborado e servido polos alumnos do obradoiro de hostalería. Un menú completo para que os máis pequenos aprendan a comer mellor.

O proxecto do CEIP Noalla – Telleiro está conseguindo que os nenos e nenas coman mellor.

Aínda que todos teñen clara a súa preferencia.

O almorzo tamén serviu para que os participantes do obradoiro de hostalería fixesen unha práctica real.

O CEIP Noalla – Teilleiro continuará realizando máis actividades para fomentar a alimentación saudable do seu alumnado. Pola súa parte, os participantes do obradoiro do hostalería do Salnés continuarán a súa formación ata o mes de xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí