Traballadoras de Alfageme reúnense con Louzán para perdir máis implicación institucional

    PONTEVEDRA> Traballadores de Alfageme e a representante sindical reuníronse esta mañá co Presidente da Deputación provincial na súa procura de implicación por parte das Institucións, na especial situación da empresa. Louzán mostrou solidariedade co tema.

    {flowplayer}images/salnes/louzan_con_alfageme.flv{/flowplayer}

    Un grupo de traballadores da empresa Alfageme, encabezado pola representante sindical da CIG, Rosa Abuín, manitveron esta mañá unha reunión co presidnete da deputación provincial, rafael louzán. Agora trátase de acadar a implicación das institucións na procura de solucións para a situación dos traballadores. Delicada, tendo en conta sobre todo, a postura do propietario da empresa.

     Rafael Louzán non dubida en mostrar solidariedade cos traballadores e asegura que lle consta que dende a Xunta están traballando para atopar solucións.

    Claro que, para os traballadores, o apoio moral e a solidariedade, nestes momentos non son suficientes…

    O alcalde de O Grove, que estaba no pazo provincial por outros asuntos, está totalmente de acordo en que Xunta e concellos deben tomar cartas no asunto

    Redacción Salnés