O alumnado do CEE crea un tenda con produtos propios en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Aqueles que se achegaron hoxe a Vilagarcía puideron facer as súas compras nun posto de venda diferente. O alumnado do colexio de educación especial de Vilagarcía creou a súa propia tenda con produtos feitos por eles mesmos. A recadación destinarase á Protectora de Animais.

A praza de Galicia en Vilagarcía contou coa presencia hoxe dunha nova tenda. O alumnado do centro de educación especial da vila instalou esta mañá un posto de venda de produtos elaborados por eles mesmos. A finalidade do proxecto foi recadar fondos para a Protectora de Animais.

O protagonismo foi para o alumnado do centro que se encargou tanto de elaborar os artigos como de vendelos.

A oferta de produtos foi moi variada.

Na actividade participaron 26 alumnos que se mostraron moi contentos tanto co traballo feito como coas vendas realizadas.