A remodelación do porto de Portonovo atrae a visita dunha ducia de arquitectos e aparelladores

SANXENXO>  A remodelación do porto de Portonovo atrae a visita dunha ducia de arquitectos e aparelladores, interesados en participar no concurso de ideas. Poderán presentar ofertas ata abril. O proxecto gañador, di o alcalde, deberá ter moi en conta que nese mesmo espazo desenvólvese a actividade pesqueira e a do club naútico e que, ademais, é unha zona aberta ao uso do público en xeral.

O Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia convocaron de xeito conxunto un concurso de ideas para a remodelación do porto de Portonovo. A iniciativa atraeu esta mañá ata a localidade a unha ducia de arquitectos e aparelladores que aspiran a gañar. Canda eles, percorreron a zona o alcalde e a presidenta do organismo autonómico.

O alcalde de Sanxenxo remarcaba que o proxecto gañador ten que ter en conta tódalas actividades que se desenvolven no espazo. Iso si, a actividade pesqueira é a principal, polo que debe primar por riba da do Club Náutico ou das zonas de lecer.

O concurso de ideas conta cun orzamento de 40.000 euros en premios. A presidenta de Portos indica que na proposta gañadora debe prima-la calidade arquitectónica, pero tamén a capacidade económica do proxecto.

O prazo para presenta-las propostas a este concurso de ideas remata o vindeiro 11 de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí