O PSOE pide explicacións á Deputación de Pontevedra sobre o caso Gürtel

    psoe_gurtel_100.jpgPONTEVEDRA> O PSdeG-PSOE pon en entredito á Deputación Provincial de Pontevedra e, por extensión, ó Partido Popular Galego. Os socialistas veñen…

    {flowplayer}images/salnes/16042010_psoe_caso_gurtel.flv{/flowplayer}

    … de reclamar publicamente ó ente provincial información sobre cantas das empresas implicadas no caso Gürtel foron contratadas pola Deputación. O secretario da Organización dos socialistas galegos, Pablo García, valeuse do sumario xudicial do caso Gürtel para referir algunhas das supostas vinculacións desta trama de corrupción e das institucións galegas.

    Tal e como él entende que se recolle no antedito sumario, a empresa Vox Populi, da muller do líder da trama, Francisco Correa, realizou sondaxes electorais para o PP pontevedrés nas eleccións autonómicas do 2001; dous anos despois do 1999, ano no que Manuel Fraga asegura que se romperon as relacións con Pablo Crespo, o ex-secretario da organización dos populares galegos que arestora está considerado como número 2 da trama.

    Pola súa banda, o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, defendeu a xestión clara e transparente da institución que preside, ó tempo que pediu ós socialistas que se ocupasen doutros asuntos que realmente preocupan á cidadanía.

    Redacción Salnés