RIBEIRA> Un grupo de pais e representantes das directivas dos clubs de fútbol Altético Riveira e Sálvora, veñen de amosa-lo seu malestar polo estado no que se atopa o campo de herba artificial da Fieiteira. Denuncian múltiples deficiencias nas instalacións que mesmo obrigaron esta pasada fin de semana a suspende-los partidos previstos. A pesar de terllo reclamado en más dunha ocasión ó concello, este segue se darlle unha solución ás súas reclamacións.
{flowplayer}barbanza/deficienciasfieteira.flv{/flowplayer}
Xa non saben o que facer. Un grupo de pais de rapaces que militan nas categorías inferiores dos clubs Atlético Ribeira e Sálvora concentráronse na Fieiteira para amosa-lo seu malestar polas deficiencias que presenta o novo campo de fútbol de herba artificial. As súas queixas van dirixidas cara o executvo local que segue sen resolver ningunha das súas reclamacións.
Recollida de sinaturas
Precisamente os pais xunto cos clubs de fútbol que habitualmente empregan estas instalacións iniciaron unha recollida de sinaturas para solicitarlle ó concello unha urxente actuación.
Segundo sinalaron directivos do Atlético Ribeira e do Sálvora non se entende como unhas instalacións que apenas teñen dous anos, presentan tantas deficiencias, cuestionándose o feito de que o concello recepcionara o estadio sen ter revisado anteriormente as condicións nas que lle era entregado.
Múltiples deficiencias
Entre as principais problemas apuntan á inexistencia das liñas que marcan os campos de fútbol sete, as porterías non teñen o tamaño regulamentario, non hai gradas, o campo cando chove enchárcase considerablemente, a entrada ó recinto é tamén deficitaria e o muro exterior cáese a anacos poñendo en perigo a integridade física dos cativos.
Futuras actuacións
Dende o concello aseguran que se está a traballar en todas estas melloras, algunhas delas como a da marcaxe do campo xa están aprobadas e tan só se agarda a unha mellora do tempo para poder realizala.
En canto á rede perimetral para que os balóns non saian do recinto aseguran que a actuación xa está contratada. Respecto ás porterías laterais do campo sinalan que son regulamentarias.
Redacción Barbanza