Unhas 600 persoas participan na cea do PP de Ribadumia

    cea_pp100.jpgCAMBADOS> O PP aspira a acadar o goberno nos concellos de Vilagarcía, O Grove e A Illa nas vindeiras eleccións municipais.

    {flowplayer}images/salnes/cea_pp_190410.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O PP aspira a acadar o goberno nos concellos de Vilagarcía, O Grove e A Illa nas vindeiras eleccións municipais e confía en repetir maioría absoluta no resto do Salnés.

    Así o indicou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo na cea do PP de Ribadumia celebrada este sábado. Unhas seiscentas persoas participaron na velada, que tivo lugar na adega Martín Codax. O evento coincidiu co aniversario da toma de posesión de Núñez Feijoo como presidente da Xunta de Galicia.

    A alcaldesa de Ribadumia agradeceu ós militantes e simpatizantes o apoio recibido nas últimas municipais e pediulles un novo esforzo para as eleccións de 2011. Amais dos presidentes rexional e provincial do partido, os populares de Ribadumia contaron co respaldo nesta cea da deputada no Congreso Ana Pastor e de varios alcaldes e responsables populares da comarca do Salnés.

    Redacción Salnés