Desaparece o robot camareiro dos alumnos do Asorey

    CAMBADOS> Un grupo de alumnos do Instituto do IES Asorey  de Cambados presentaron un proxecto no concurso de robótica do Campus Industrial de Ferrol, facéndose co segundo premio. Agora, un par de semanas máis tarde, lamentan que por un descoido perderon o robot co que se alzaron co recoñecemento universitario, piden a quen o teña, que llo devolva. 

     

    Un grupo integrado por 24 alumnos do IES Asorey crearon un robot para o concurso de robótica que organizou o Campus Industrial de Ferrol. Un concurso para o que traballaron durante moitas horas e que lles valeu o segundo premio, aínda que por un descoido, ao chegar o centro, o robot e o diploma desapareceron. 

    O proxecto centrouse na creación dun robot camareiro que crearon modificando a estrutura do Mecano prestada pola organización. 

    Circula por uns rais instalados no teito de un simulado restaurante, para ir recollendo os pratos sucios das mesas ou deixando pedidos. 

    Un proxecto innovador, que como xa lles diciamos ao comezo non pode usarse como mostra para vindeiros alumnos, ou simplemente como recordo, porque non saben onde está, por iso estes rapaces cambadeses, piden a quen o teña, ou o vira que llo devolvan. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/roubo_premio_robot_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/roubo_premio_robot.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí