A D. O. Rías Baixas incrementa as exportacións en máis dun 7%

    consello_regulador copia100.jpgPONTEVEDRA> Durante a campaña de exportacións 2009/2010 exportáronse máis de 4 millóns de botellas a 53 países.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLO_REGULADOR_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Nesta campaña, as adegas adscritas ó Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas afiánzanse nos mercados a pesares do contexto de crise económica. O período correspondente ó 2009- 2010 pecha con máis de catro millóns de botellas exportadas a 53 países, uns datos que confirman o éxito das políticas de promoción destes viños.

    Segundo o xerente do Consello Regulador, Ramón Huidobro, o incremento dun 7,64% nas exportacións nesta campaña, mantén a tendencia positiva que xa se conseguira no exercicio do 2009, cando o aumento foi do 1%.

    No referente ós mercados máis importantes, Estados Unidos volve encabezar a lista dos países onde mellor se consumen os viños Denominación de Orixe Rías Baixas. Un mercado que o Consello Regulador loitará por manter na nova campaña.

    Para o vindeiro ano, a consolidación dos mercados actuais, a apertura doutros e continuar as labores de promoción da Denominación de Orixe, sitúanse como os principais obxectivos que perseguirá o Consello Regulador.

    Redactor Salnés