Aprázase o encontro de waterpolo entre España e Serbia

waterpolo250_200410.jpgPONTEVEDRA> A nube de cinza volcánica procedente de Islandia impedíu o traslado ata Pontevedra do combinado balcánico.

O encontro que hoxe estaba previsto que disputaran en Pontevedra as seleccións española e serbia de waterpolo foi suspendido. O motivo, o mesmo que está a provocar o caos en toda Europa: a nube de cinza volcánica procedente de Islandia que impide o traslado do combinado balcánico ata o Complexo Deportivo Rías do Sur.

Este partido era o último dunha serie de tres que España disputa en Pontemuiños, camiño da fase final da Liga Mundial, na que teñe prácticamente asegurada a súa permanencia.

O choque de momento non ten data fixada aínda que se a situación mellora nas vindeiras horas podería colocarse para o martes que ven,  día 27, a partires das 19:00 horas.

Redacción Salnés