O BNG da Barbanza fai unha chamada a parar a comarca o próximo 8 de marzo

335

BARBANZA> Súmanse así á proposta de diversos colectivos e sindicatos de celebrar ese día unha folga feminista en tódolos ámbitos para visibilizar o peso das mulleres. A violencia machista, a fenda salarial ou mesmo a precariedade no traballo son algunas das principais eivas que hoxe en día padecen as mulleres. Para acabar con isto, unha serie de colectivos, partidos políticos e sindicatos, entre os que se atopa o BNG da Barbanza, propoñen unha folga feminista a celebrar o próximo oito de marzo. Con ela o que pretenden é visibilizar o peso e a importancia da muller en tódolos ámbitos, non só no laboral. Polo que dende a formación nacionalista fan unha chamada á participación de cara a conseguir unha igualdade ‘real’ entre homes e mulleres.