Portas celebra este domingo a festa do Galo de Corral

    PORTAS> O Concello de Portas celebra este domingo a festa do Galo de Corral no entorno da Azucareira; unha oportunidade única para desfrutar deste manxar a prezos populares.

    Portas celebra esta fin de semana a décimo segunda edición da Festa do Galo de Corral. Neste entorno da Azucareira poderá desfrutarse dun completo xantar a base desta ave criada a base de millo e trigo. A maiores da propia degustación, o Concello dispón neste entorno da Azucareira outras moitas exposicións de diversos colectivos, amais dunha feira multisectorial. Non faltará neste día tampouco a animación musical con pasarrúas e ca actuación dun dúo. Pero a festa xa empeza o venres 8, cunha Festa da Xuventude neste mesmo lugar cos dj´s máis reputados da zona. O sábado a partires da noite, tamén na Azucareira, serán tres bandas de música as que amenicen a xornada: a Banda de Música de Catoira, a de Caldas e a local Unión de Lantaño. O Alcalde anfitrión, Roberto Vázquez, é o encargado de facer o convite formal a tódolos veciños e visitantes das Rías Baixas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/05/festa_galo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/05/ptac_galo_corral.mp4{/flowplayer}