SALNÉS> Cáritas Interparroquial Arousa toma medidas para evitar o contaxio entre os usuarios. O comedor está aberto só ata o medio día pero segue proporcionando tres comidas ao día aos máis necesitados. Tamén continúa o comedor sobre rodas para levar alimentos e medicinas a aquelas persoas que non poden saír á rúa.
O estado de alarma impide que os cidadáns saian as rúas excepto para traballar ou mercar alimentos. Unhas situación que os máis necesitados non poden cumprir, xa sexa por falta de fogar ou pola necesidade de acudir a Cáritas para poder comer. Velando pola súa seguridade, a ONG continua coa súa labor pero tomando as medidas necesarias para evitar os contaxios.
O domingo só están abertos ao medio día pero tanto a comida como a cea entréganse nunha bolsa. Outras das medidas adoptadas é o peche do roupeiro. Dende o centro traballan para que os usuarios tomen as precaucións oportunas, xa sexa para que non se xunten na entrada ou para que coiden a súa hixiene.
Todas estas medidas tamén están enfocadas a protexer ás traballadoras do centro.
Os usuarios do comedor diminuíron grazas ao albergue aberto polo concello en Fexdega para as persoas sen fogar. O que aumentou foi o comedor sobre rodas, unha iniciativa coa que Cáritas leva alimentos e medicinas ás persoas que non poden saír á rúa.
Para aumentar a protección, o concello contratou unha empresa para que desinfecte as instalacións do centro con regularidade.