GALICIA> Preocupación no cluster de turismo de Galicia polos efectos que o coronavirus poda causar no seu sector. Dende a agrupación póñense a disposición das administracións para ceder os seus establecementos en caso de que sexa necesario. Piden diferentes medidas que garantan a supervivencia dos autónomos e o mantemento dos postos de traballo.
O consello executivo do Cluster de turismo de Galicia tivo hoxe unha reunión telemática para coñecer a situación do sector, un dos máis afectados pola parálise provocada polo coronavirus. Dende a agrupación póñense a disposición das administracións para ceder os seus establecementos en caso de que sexa necesario.
Dende o cluster resaltan que o máis importante agora é loitar pola saúde, pero agardan que unha vez se remate coa pandemia, as medidas económicas sexan claras e efectivas. Unha das súas primeiras reclamacións é a eliminación de determinados impostos.
A metade dos establecementos están rexeitados por traballadores autónomos. Por iso piden medidas que garantan a continuidade das actividades e o mantemento dos postos de traballo.
Dende o cluster piden unión a todo o sector para poder loitar contra esta pandemia. Tamén poñen habilitaron na súa páxina web unha sección para abordar todas as preguntas de interese.