CAMBADOS> Galiciame volverá mobilizar os cambadeses. O vindeiro domingo 9 de xuño a asociación celebrará unha andaina familiar de carácter solidario. A cita conta con dous padriños de excepción, Xosé Ramón Gayoso e Diana Nogueira, que se suman a esta acción para dar visibilidade á atrofia muscular espiñal.
Os cambadeses mobilizaranse por unha boa causa. Están chamados a participar na nova actividade organizada por Galiciame: unha andaina solidaria e xornada familiar en prol da asociación, que se celebra por primeira vez en Cambados o vindeiro día 9 de xuño.
A marcha será duns catro quilómetros e está pensada para todos os públicos. Ademais, a proposta complétase con actividades xa no campo da Seca.
Na súa organización, Galiciame conta coa colaboración do concello de Cambados e da asociación cultural Xironsa. Tamén ten dous padriños de excepción: Xosé Ramón Gayoso e Diana Nogueira.