![]()
PONTEVEDRA> Nin bebido nin drogado. Os peritos desbotaron hoxe o argumento da defensa no xuízo polo crime da Playstation.
Hoxe celebrouse a terceira xornada do xuízo polo crime da Playstation e nela declararon os peritos que aseguraron que o procesado, Juan Ramón González Agrasar, alias ‘O Ruso’ non estaba bebido nin drogado cando sucederon os feitos.
O avogado defensor tratou de introducir una dúbida razoable no xurado para evitar un fallo de culpabilidade contra o mozo cambadés. Defendeu a súa inocencia e matizou que en caso de que fora culpable, había que ter en conta que estaba bebido e drogado.
Trala declaración dos forenses, a defensa volveu á hipótese que xa suxeriu onte, que foi a nai da vítima Marcos Muñíz Calviño a que lle cravou o coitelo cando pretendía protexelo do acusado. Para o fiscal esta argumentación é ‘horrible’ ó igual que o feito de que un mozo de 22 anos anunciase e matase a un amigo porque non lle devolvía algo tan insignificante como unha Playstation.
Mañá o xurado popular reunirase para deliberar e emitir o seu veredicto.
Redacción Salnés








