Mar destina trinta e cinco mil euros a novos amarres no porto da Pobra

    POBRA> A Consellería do Mar satisfará as demandas da confraría de pescadores da Pobra coa instalación de trinta e cinco fingers nos pantaláns. Estas estruturas de amarre, de cinco metros, mellorarán as condicións de seguridade dos profesionais facilitando as tarefas de carga e descarga dos aparellos e da pesca. A actuación suporá un investimento de trinta e cinco mil euros. Esta mellora vense sumar á reparación de varios pantaláns en mal estado coa substitución de táboas e melloras na pasarela, na que a Consellería do Mar investiu catro mil euros.