Tráfico segue a investigar as posibles causas do accidente desta pasada fin de semana

POBRA> No suceso perdían a vida dous mozos, que eran ademais parella. Ela, Sara Lampón, de 28 anos, veciña de Palmeira, e el, Abraham Muñíz, de 29, natural da Pobra do Caramiñal.

Dous días despois do accidente ninguén se explica o que puido acontecer. O mal estado no que quedaron os dous vehículos implicados e o propio desprazamento dos mesmos trala colisión dificulta o seu esclarecemento. O suceso tiña lugar na estrada AC-305, xusto nos límites entre os municipios da Pobra e Ribeira, deixando un tráxico desenlace. Dúas persoas falecidas e outra grave.

A pesar dos esforzos realizados polo persoal sanitario que se desprazou ó lugar da colisión, nada puido facerse por devolverlle a vida, e os dous mozos falecían practicamente no acto. O estado no que quedaron os vehículos evidencia ás claras a virulencia do choque. Despois de ser velados de xeito conxunto no tanatario Venecia da Pobra, por decisión expresa das dúas familias, os dous mozos recibían sepultura esta mesma tarde. El no cemiterio parroquial de Santiago de Deán, na Pobra, e ela, no cemiterio municipal de Palmeira