As explicacións de Marisol Villar non convencen ó PSOE

    NOIA> Segundo os socialistas queda probado que Villar actuou á marxe da contabilidade oficial do Concello coa organización desa viaxe a Benidorn. Ademais de considerar que as explicacións dadas por Marisol Villar sobre a organización desa viaxe a Benidorn non son suficientes, quedando máis que probado que foi realizado á marxe da contabilidade oficial do Concello, os socialistas ven extraño que a edil da formación independente tardará máis de cincuenta días en comparecer diante dos medios para intentar aclarar todo o acontecido, tal e como lle solicitaban dende varios grupos políticos da corporación municipal. Ademais a interpretación que fan dende o PSOE do auto xudicial é ben diferente á realizada onte por Maisol Villar. Segundo eles o xulgado di que non está xustificado que se cometera delito, pero non di que non se tivera dado, por iso se produce o seu arquivo provisional. Dende as filas socialistas tamén se criticou os ataques vertidos no día de onte por Marisol Villar contra algúns membros da formación, especialmente contra o voceiro municipal Xosé Manuel Lage.