Un cortocircuito provoca unha intensa fumareda nunha vivenda de Cornazo

    casa_incendiada_copia100.jpgVILAGARCÍA>  Unha familia pasou o susto da súa vida esta madrugada cando un cortocircuíto, provocaba un intenso fume que lles enviou ao Hospital do Salnés. Os catro membros da familia, xa foron dados de alta e atópanse en bo estado de saúde.

    {flowplayer}images/salnes/incendio_cornazo.flv{/flowplayer}

    A Casa está na Rúa Fonte Cerdeira en Cornazo. Segundo o Servizo de Urxencias cento doce, esta madrugada un corto circuíto no baixo da vivenda, foi o que provocou a intensa fumareda.

    Canal Rias Baixas tivo a oportunidade de falar co propietario da casa esta mañá, xa lles deran de alta no Hospital do Salnés, onde o matrimonio e dous fillos, foran trasladados por inhalación de fume, esta madrugada. Segundo o propietario, os danos ocasionados no interior da casa, cubriranos o seguro, non foi moita cousa, grazas a que espertaron co cheiro da queimado. O home dáballe grazas a Deus porque de non espertar, dixo, podían estar todos mortos.

    Bombeiros, Policía Nacional e mais a Municipal, trasladáronse ao lugar inmediatamente. Esta mañá, a casa víase toda aberta para ventilar todo o posible, xa que o fume era tan intenso que o cheiro permanecerá durante días. Pouco que lamentar, tendo en conta, que de non ser por espertar do seu soño, podían chegar a perder a vida.

    Toda a familia atópase ben, segundo o pai, agradecen a forma de proceder e mais a rapidez na actuación dos bombeiros e policías e tamén o trato recibido no Hospital do Salnés. Agora, segundo comentou a este Canal, pouco a pouco arranxarán os danos e co tempo, todo quedará nos seus recordos coma unha anécdota.

    Redacción Salnés