Máis de 14.000 persoas gozaron do erotismo de SEDA 2007

    aerostripseda_100_190307.jpgVILAGARCÍA > Máis de catorce mil persoas pasaron estes últimos tres días polo Salón Erótico do Atlántico, en Fexdega…

    … A organización de SEDA destaca que Vilagarcía transmitiu unha imaxe tolerante, aberta e sen complexos a toda España grazas a este evento.

    Ambiente relaxado, amigable e curioso, e ausencia total de incidentes. É o balance que fai a organización da segunda edición do Salón Erótico do Atlántico, clausurado esta pasada media noite en Fexdega. O novo horario de SEDA atraeu ó recinto feiral de Vilagarcía a máis de 14 mil persoas. Nestes tres días puideron gozar dos máis de cen espectáculos diarios realizados por medio cento de artistas, dezaseis deses moi destacados no panorama internacional do erotismo.

    A organización destacou o bo ambiente vivido no recinto, que rexistrou unha importante presencia de público heteroxéneo, destacando a visita de moitas mulleres, soas ou en grupos, e de moitas parellas de mediana idade. As primeiras estimacións cifran en torno a un 40 por cento o porcentaxe de público feminino, que nesta ocasión puido gozar de numerosos espectáculos dirixidos a ese sector. Neste sento, o director artístico de SEDA, Conrad Son, xa adiantou que na terceira edicións seguirase nesta liña. E é que a pesares de pechar aínda onte as portas, xa se traballa na vindeira edición. A organización adianta que reforzará contidos, co obxectivo fundamental de interactuar co público, dándolle maior protagonismo e recollendo as súas aportacións e ideas, e utilizando as novas tecnoloxías. Entre esas novidades estará unha Gala de Fotografía Erótica.

    Redacción Salnés