O concello de Poio liquida as súas contas de 2016 con saldo positivo

    POIO> O concello de Poio fixo esta mañá un balance moi positivo sobre a liquidación dos seus orzamentos de 2016. Cun remanente de tesourería de preto de dous millóns e medio de euros, o alcalde agarda que os presupostos deste ano se aproben no pleno deste mes de abril. Esta mañá o concelleiro de Facenda de Poio acompañado polo alcalde fixo públicos os datos da liquidación dos orzamentos correspondentes ó 2016. A valoración foi positiva. Dos algo máis de once millóns de euros que se presupostaran o ano pasado, a recadación que se fixo foi de 12,564.00o euros. Boas novas tamén no que se refire ó remanente de tesourería, importante xa que aporta unha idea do nivel de execución do orzamento, é de 2 millóns 300 mil euros. O aforro neto no concello poiés o ano pasado foi de 900.000 euros, a diferenza entre os ingresos correntes e os gastos correntes. Relevante tamén porque reflexa o que o concello pode investir. O concelleiro tivo ocasión tamén de criticar a “Regra de gasto” do estado, que provoca que os dous millóns 300 mil euros que teñen de remanente, só poidan investir no municipio 1 millón de euros, debido ás políticas de contención do goberno central. O alcalde de Poio salientou tamén a boa xestión do concello. Luciano Sobral destacou tamén que en seis anos nas que non se revisan as taxas á alta, e aproveitou para anunciar que teñen a intención de aprobar os orzamentos deste 2017 no vindeiro pleno de finais do mes de abril. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/poio_liquidacoin_orzamentos_06042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/06/poio_liquidacoin_orzamentos_06042017.mxf.mp4{/flowplayer}