Tomás Fole podería pretender o escano da Deputación que ostenta Durán

    VILAGARCÍA > Certas informacións aseguran que dende o remate das eleccións se está a dar unha loita de poder entre os ‘varóns’ do PP no Salnés. O obxectivo: o segundo escano dos populares na Deputación de Pontevedra que agora ostenta José Juan Durán. Fontes fidedignas aseguran que Tomás Fole está a reclamar este posto. O prazo para presentar as candidaturas a deputado o xoves 21 ás catro e media da tarde.

    deputados_300_200706.jpgAlgunhas informacións indican a que o candidato dos populares vilagarciáns está movéndose dende o final das eleccións para acadar o escano ocupado os últimos catro anos por Durán, e que xa deu algúns pasos encamiñados nesta dirección. Tomás Fole negou a esta redacción, esta información á vez que asegura estar a disposición do partido. Tomas Fole leva 4 anos como concelleiro dende que foi nomeado candidato tras o pasamento de Miguel Ángel González a escasos días da campaña electoral de 2003.

    Ese mesmo ano e tras uns meses en política Tomas Fole aceptou unha liberación no concello vilagarcián, ó que dedicou o seu tempo en exclusiva, tamén foi candidato nas listas do PP as eleccións xerais do 2004. Agora o previsible goberno de Vilagarcía que estaría composto polo PSOE e o BNG, non ten pensado liberar a membros da oposición, polo que Fole tería que buscar unha saída laboral ou continuar vivindo da política, polo que o escano da deputación se perfila como unha posible alternativa, o que lle permitiría dedicar moito tempo a facer oposición na capital arousana. No programa desta casa Contrastes emitido o luns, Marta Rodríguez, deputada no parlamento de Galicia evitou pronunciarse claramente sobre o asunto.

    Outro dos posibles rivais políticos de José Juan Durán na Deputación podería ser, o ata agora alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, quen afirmou que non mantivo ningún contacto neste aspecto e que non depende del, aínda que non descartou a idea. Miguel Ángel Pérez leva máis de quince anos de concelleiro nas filas do PP meco e oito de alcalde. Por último, José Juan Durán non quixo facer declaracións sobre este tema. Durán leva de concelleiro en Vilanova máis de 16 anos, sendo o secretario xeral do PP vilanovés. Hai 4 anos e tras unhas duras negociacións no seo do PP do Salnés contou co apoio decisivo de Rafael Louzán que se decantou por el en vez do outro candidato Jorge Domínguez alcalde de Meaño. Tras a súa etapa na Deputación, Durán parece contar con máis apoios na comarca que Fole. O prazo para presentar as candidaturas a deputado remata o xoves 21 ás catro e media da tarde.

    Redacción Salnés