O Promociones Collazo despídese do ascenso

futbolsala250_270410.jpgSALNÉS> En Primeira Nacional A o Viajes Interrías non xogou esta semana, tocoulle descansar. Sí que o fixo, unha división por debaixo, o Grupo Junquera que caeu ante o Trabada (8-3). Tamén perdeu o Promociones Collazo en Guadalajara polo que se despide das súas opcións de ascenso.

Despídese o Grupo Junquera de calquera opción para rematar terceiro a liga na Primeira Nacional B. O Trabada, filial do Burela superou ós de Rodrigo Feijóo por un marcador máis abultado do que reflectíu o xogo duns e outros na cancha (8-3).

Na primeira metade os erros defensivos protagonizaron o choque. Os vilagarciáns foron quen de poñerse por diante no marcador pero os locais aproveitaron a pasividade defensiva do seu rival para dárlle-la volta ó electrónico e irse en vantaxe ó descanso, 5-3, o hat-trick de Chini de pouco servíu para o Grupo Junquera.

A segunda parte o Trabada fixo todo o posible por conservar a renta, e acadouno. Nos derradeiros minutos, Rodrigo Feijóo puxo en pista ó porteiro-xogador pero a aposta saíulle mal. Nunha polémica acción Vijande facía falta sobre Jaime e marcaba o 6-3 a porta baleira, o que propiciou o enfado visitante coas conseguintes expulsións do adestrador, e de Sesar e Adrián. Nos últimos segundos, o Trabada, xa con todo a favor, redondeu a goleada.

Esta derrota deixa ó Grupo Junquera en séptima posición a falta de cinco xornadas para o remate. O seu obxectivo é agora rematar cuartos.

Tamén saíu goleado de Guadalajara o Promociones Collazo onde caeu co Chiloeches por 6-1. As de Poio despídense deste xeito do soño do ascenso á máxima categoría nacional. Despois dun primeiro tempo igualado que rematou con 2-1 para o cadro local, no comezo do segundo acto o terceiro gol das manchegas condicionou o partido. Iso e as faltas das visitantes que facilitaron outros tres tantos máis do Chiloeches a balón parado.

Redacción Salnés