O IES Asorey abre as súas portas

    asorey100.jpgCAMBADOS> O IES Asorey de Cambados pretende dar a coñecer a súa oferta formativa a través dunha Xornada de Portas Abertas.

    {flowplayer}images/salnes/asorey.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O IES Asorey de Cambados pretende dar a coñecer a súa oferta formativa a través dunha Xornada de Portas Abertas. Por cuarto ano consecutivo alumnos e alumnas de toda a comarca do Salnés acadarán unha idea fiel do que lles pode ofrecer este instituto.

    Baixo o lema ‘Uns estudos, unha profesión’ a Xornada de Portas Abertas do Instituto Asorey deu a coñecer hoxe as posibilidades de formación que ofrece, tanto a centros educativos da comarca como a profesores, colaboradores do centro e demais interesados.

    Está demostrado que a formación é cada día máis importante. Resultados de distintas enquisas realizadas polo instituto indican que os alumnos e alumnas que teñen unha titulación de Formación Profesional son os que menos tempo tardan en atopar traballo e os que mellor o manteñen.

    A Basella de Vilanova, o Ramón Cabanillas de Cambados e o Colexio de Mosteiro visitaron hoxe o Asorey. Dado o éxito da xornada, ampliouse ó 12 de maio coa visita do Colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia.

    Redacción Salnés