‘A Unión Europea quedou alucinada coa estafa das preferentes’

    fotorescatecopia.jpgSALNÉS> Así de contundente se amosou un dos representantes do colectivo. Aseguran que en Bruxelas os escoitaron e se amosaron comprensivos.

    {flowplayer}images/salnes/RescatePreferentes.flv{/flowplayer}

    Nova Galicia recibirá de Europa case cinco mil cincocentos millóns de euros pero terá cinco anos para integrarse noutra entidade financeira. Ademais a cambio dos cartos, verase obrigada a reducir nun 50 por cento as súas oficinas, e nun 60 por cento o seu volume de activos. ¿En que lugar deixa isto ós afectados polas preferentes? Dende a Comisión Europea xa se fala dunha quita que lles faría perder parte dos seus cartos.

    Recén chegados de Bruxelas, os representantes do colectivo agardan que isto non vaia adiante. Despois de case dous días sen durmir e de reunirse cos representantes da Comisión Europea en Bruxelas, de volta a España os representantes do colectivo de afectados polas preferentes amosábanse bastante satisfeitos coa reacción de Europa ante o seu problema.

    A pesares da comprensión por parte da Comisión o problema é que segundo a lexislación vixente, dende Europa non teñen capacidade para tomar cartas no asunto, é o goberno español o que ten que actuar.

    Arbitraxe para todos. Isto é o que veñen demandando do goberno central, unha arbitraxe e que non chega e que se ve cada vez máis lonxe. Sobre todo despois de facerse público que, segundo as condicións do rescate financeiro, os usuarios das participacións preferentes e a débeda subordinada terían que asumir parte da recapitalización da banca. O que se traduciría en non cobrar cando menos parte dos seus cartos. Segundo o comisario europeo Joaquín Almunia, levaríase a cabo un proceso polo que se acabarían convertendo esas participacións en accións.

    Accións e bonos que ademais, unha vez se cobren implicarían perder tamén parte dos cartos. Así as cousas a indignación continúa medrando entre os afectados que esixen unha solución canto antes. Unha solución para os aforradores galegos, segundo eles, estafados e agora indefensos.

    Redacción Salnés