Rías Baixas ensina inglés para potenciar a exportación

    PONTEVEDRA> O obxectivo é formar nesta lingua ós responsables das adegas para potenciar a exportación dos Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/CursoIngles_121212.flv{/flowplayer} 

    É a sexta edición desta curso promovido pola DO Rias Baixas e que se está a celebrar durante esta semana no Pazo de Mugartegui. Nesta ocasión conta con case unha quincena de alumnos de diferentes adegas. A intención é que aprendan a linguaxe necesaria e especializada para realizar accións de venta no estranxeiro.

    O nivel de inglés que se ensina é medio-alto. Trátase dun curso orientado máis cara a especialización que á iniciación, e no que se tratan temas como o inglés administrativo ou como preparar e particiar nunha feira internacional. 

    O responsable de impartir as clases é un mestre nativo e experto en temas vinícolas, polo que a aprendizaxe esta practicamente asegurada. O curso conta cun total de 20 horas que se foron repartindo durante as tardes desta semana. O xoves porase o peche.

    Redacción Salnés