CAMBADOS> Dos cinco bloques de vivendas que se van recuperar dous xa están rematados. As obras nos tres restantes contrataranse en marzo.
{flowplayer}images/salnes/040209_taboas_cambados.flv{/flowplayer}
En total son cinco os edificios que a consellería de Vivenda ten previsto rehabilitar no barrio de San Francisco, en Cambados. Polo de agora xa están rematadas as obras de recuperación de dous bloques, os que visitou Teresa Táboas. A conselleira amosouse satisfeita co resultado das actuacións e adiantou que no mes de marzo contrataranse as obras para rehabilitar os tres inmobles restantes.
Para levar a cabo estas actuacións a consellería investiu máis de 1,4 millóns de euros. As melloras consistiron na substitución e ampliación das escaleira comúns, a renovación dos portais así como a dotación dunha nova infraestrutura para a instalación da luz, telefonía e protección contra incendios. O departamento de Teresa Táboas pretende completar a rehabilitación destas vivendas coa reurbanización do entorno da igrexa.
Ademais destas intervencións, Táboas explicou que a súa consellería está a subvencionar tamén a rehabilitación de 132 vivendas do casco histórico de Cambados.
Redacción Salnés